A Coutada 7, Cumiar, Ponteareas, 36893 Pontevedra
(+34) 986 65 43 38 - ola@eidodorei.com

Sala Castelao

Unha sala multifunción de 20 metros cadrados. Lugar de almorzo, encontro e espera.

Inclúe servizos de cortesía para os hóspedes e tamén algúns servizos de pago, como aperitivos ou bebidas.

Respectando toda a estrutura antiga da construción e o estilo do resto das instalacións. Teitos de madeira tratada, pisos cerámicos de calidade con calefacción por Xeotermia, iluminación led e electrodomésticos de baixo consumo.

Con capacidade para dez persoas, espazo para almorzar e tomar algo. O noso persoal estará encantado de atendelo.

Colindante cun patio cuberto de 30 metros cadrados cun gran lavadoiro conservado da construción orixinal.