Persoeiros
Concepción Arenal
(Ferrol, 31 de xaneiro de 1820 - Vigo, 4 de febreiro de 1893) foi unha experta en dereito, pensadora, xornalista, poeta e autora dramática española enmarcada no realismo literario e pioneira do feminismo español. Considerada a precursora do Traballo Social en España. Pertenceu á Sociedade de San Vicente de Paul, colaborando activamente desde 1859. A través das súas publicacións defendeu o traballo que realizan as comunidades relixiosas en España. Colaborou no Boletín da Institución Libre de Enseñanza. Ao longo da súa vida e obra denunciou a situación dos cárceres de homes e mulleres, a miseria nas residencias de anciáns ou a mendicidade e a condición da muller no século XIX, na liña das sufraxistas do século XIX, e as precursoras do feminismo.Obras de Concepción Arenal en Biblioteca Digital Hispánica
Portal de Concepción Arenal na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
"Concepción arenal, la fuerza de un ideal", documental de RTVE
Rosalía de Castro
(Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885) Representa xunto a Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. O seu poemario Cantares gallegos, publicado en 1863, considérase a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. Anos despois vería a luz Follas novas. En ambas as dúas denuncia as inxustizas que sufría o pobo, abocado á emigración; reivindica o papel das mulleres escritoras; enxalza a paisaxe galega, as nosas xentes, o noso idioma. É a voz dos máis humildes.Portal de Rosalía de Castro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Documento de Radio Nacional de España - Rosalía de Castro
Reveriano Soutullo
(Ponteareas, 11 de xullo de 1880 - Madrid, 29 de outubro de 1932). Compositor de zarzuelas e pasodobres. O seu pai dirixía a banda de Redondela, polo que tivo a música preto del dende pequeno. Con 19 anos foi estudar ao conservatorio de Madrid ,á vez que gañaba a vida tocando a corneta. Estudou harmonía e composición durante tres anos, materia na que lle concederon o premio extraordinario. No conservatorio da capital foi profesor de Arín e Fontanilla. Entre 1906 e 1907 regresa a Vigo, onde obtivo unha bolsa para estudar música no estranxeiro. Grazas a iso entrou en contacto con músicos italianos e alemáns; pero os músicos que máis o marcaron foron Debussy e Ravel. Xunto con Juan Bautista Vert compuxo importantes zarzuelas como La leyenda del beso ou La del soto del parral. O seu coñecido “Pasodoble Puenteareas” foi adoptado pola súa vila natal como himno propioDistintas pezas de audio de Reveriano Soutullo
(Audio) Puenteareas - Reveriano Soutullo Otero [Pasodoble]
A Toda Zarzuela - Reveriano Soutullo
Rogelio Groba
Nado na parroquia de Guláns en 1930. Estudou solfexo e aprendeu a tocar varios instrumentos dende moi novo na Banda de Música A Unión de Guláns, da que foi director aos 17 anos de idade. Continúa os estudos en Vigo e pouco despois no Conservatorio Superior de Madrid. Obtén as máximas cualificacións en distintas especialidades e distincións en diferentes concursos. Ingresa como director no Corpo Nacional de Directores de Música de Bandas Municipais. Faise cargo das Bandas Municipais da Estrada, Tui, Ponteareas e da Banda Municipal de Pedro Muñoz, en Ciudad Real, ao tempo que dirixe o Coro Rosalía de Castro do Centro Galego de Madrid. A súa busca permanente de elementos musicais innovadores lévao aos seus 32 anos a Suíza. Alí dirixe varias agrupacións. No ano 1967 deixa as terras helvéticas para ocuparse da Banda Municipal da Coruña e mais do Coro Follas Novas mentres imparte clase no Conservatorio da mesma cidade, e do que anos despois sería director. Impulsa a que hoxe en día é a Orquestra Sinfónica de Galicia. Inicia un proxecto pedagóxico de aprendizaxe musical baseado no noso patrimonio etnográfico. Estrea a primeira cantata galega, Nova Galicia, que marca a consecución dun estilo de seu e o renacemento da nosa música. Entre os premios que posúe destaca a Medalla Castelao que a Xunta de Galicia lle outorgou polo seu labor a prol da cultura galega ou o Premio da Cultura Galega no 2011. Traballador incansable, compositor de innumerables e inesquecibles obras de diversos estilos, tanto instrumentais coma vocais, o mestre Groba é un dos principais referentes musicais do país.Web Oficial do festival Rogelio Groba