Eido Do Rei
A Coutada 7, Cumiar 36893, Ponteareas, Pontevedra, Spain
Mostrar mapa
Teléfono: 986 65 43 38
Construción típica galega, Casa Grande de finais do século XIX. Forma parte do conxunto patrimonial da Coutada, en Cumiar, parroquia do Concello de Ponteareas.
Encrávase nun contorno natural de case tres mil metros de finca con árbores autóctonas.
A edificación, rehabilitada para a súa conservación orixinal, posúe unha vivenda e un patio anexo, antigamente destinado aos animais e apeiros de labranza. As catro cortes transformáronse en habitacións.
Cada estancia ten o nome propio dun persoeiro da nosa cultura e posúe un xardín cunha denominación asociada a algún aspecto da súa obra, espazo exclusivo para disfrute das visitantes.
Tranquilidade nun ambiente rural de exquisito respecto polo noso.
Are you a member? If yes please click here to login or register a new account.