Contorna
Ademais de gozar dos 3.000 metros cadrados de terreo, podes saír e coñecer toda a zona: rutas para camiñar, localizacións protexidas, elementos naturais, fauna e flora autóctonas etc.
Consúltanos sobre que facer e a onde ir, sen compromiso, farémosche as mellores recomendacións, ten en conta que somos de Aquí 🙂
Tranquilidade nun ambiente rural de exquisito respecto polo noso.
Agora vos indicamos algúns dos lugares de interese da nosa contorna. Tedes máis suxestións no noso BLOG
| Nº | Puntos de Interese | Km |
|---|---|---|
| 1 | Parque Nacional das Illas Atlánticas - Illas Cíes | 45 |
| 2 | Illa de San Simón | 45 |
| 3 | Praia fluvial da Freixa | 10 |
| 4 | Aeroporto de Vigo | 30 |
| 5 | Parador de Baiona | 60 |
| 6 | Castro Celta de Santa Tegra | 65 |
| 7 | Mosterio de Santa María de Oia | 75 |
| 8 | Fortaleza de Valença - Portugal - | 47 |
| 9 | Termas de Outariz | 65 |
| 10 | Castelo de Soutomaior | 30 |
| 11 | Sendeiro de Cabo Home | 70 |
| 12 | Santiago de Compostela | 115 |
| 13 | Praia da Lanzada | 90 |
| 14 | Pontevedra | 55 |
| 15 | Complexo das Dunas de Corrubedo | 130 |
| 16 | Fervenza do río Toxa en Silleda | 120 |
| 17 | Reserva da Biosfera - Parque do Xurés (España / Portugal) | 135 |
| 18 | Os Pendellos da Golada | 120 |
| 19 | Illa da Toxa / O Grove | 95 |
| 20 | Balneario de Mondariz | 7 |
| 21 | Castelo de Vilasobroso | 6 |




